lunes, 24 de enero de 2011

7ª XORNADA DE MONTAXE DE MOSCAS WALDEMAR 2011


Unha vez máis e logo de non poder asistir en anteriores edicións, volvemos a terras da Ulloa, concretamente a Ligonde, onde os amigos Oscar e Xullo, organizan unhas novas xornadas de montaxe de moscas.
Poñemos rumbo cara ao restaurante Conde de Waldemar, saímos con vento e frío.
Frío é o que fixo alí durante todo o día, que se che metía polos ósos. Mala sorte para os fumadores.



O primeiro en montar foi Arturo Alonso. Ademais de montar algunha ninfa, presento unha nova revista dixital que publica.




Durante toda a xornada, os asistentes puideron adquirir multitude de material de montaxe, así como as ultimas novidades que a empresa Madrid Fly Fishing tiña expostas.



Juan tambien deléitounos coas súas famosas afogadas e o seu trenzador de dubbing caseiro.

Durante toda a mañá achegouse bastante xente, e para os que se decidiron quedar a xantar, o amigo Oscar preparou un suculento cocido e filloas.





Xa pola tarde, e despois dos corrillos, cubatas e partidas de cartas, tócoulle a quenda a Fernandito Comba, mestre das afogadas.




E como somos de lonxe e as maquinas de reñir vannos queimar os telefonos, só púiden quedar a ver como David montaba unha ninfa perdigón. Outra vez será.


Moi bonita pero...
Con que materiais esta confeccionado este perdigón?
Ahi está o dilema.
A solución quedará na memoria de todos aqueles que estabamos observando como se montaba.




Os organizadores do cotarro en plena acción


martes, 18 de enero de 2011

WALDEMAR

Ano novo vida nova, e para conmemoralo non hai mellor ocasión que achegarse á primeira cita do ano mosqueril, a xornada de montaxe de moscas que organizan desde Waldemar.
Se non ocorre nada inesperado, por alí estaremos e proximamente daremos boa conta do alí acontecido.




miércoles, 12 de enero de 2011

FERVENZA SAN ESTEVO

Ruteando pola Comarca, sempre te atopas con algo que destacar.
No concello de San Cosme de Barreiros, hai unha capela no medio dun bosque, pegada ao regato de Santo Estevo. Dende alí parte un roteiro no cal atópase esta pequena fervenza duns 15 metros.








Para os que se queiran achegar, unha pequena axuda.