lunes, 25 de abril de 2016

XUNTANZA DE PESCADORES "AMIGOS DO OURO"


Xuntanza de pesca cos compañeiros da asociación de pescadores Amigos do Ouro.
Quedamos as nove da mañá na cafetería Méndez en Ferreira do Valadouro, para tomar un café e facer o reparto de cotos.


A continuación puxen direción  o sen morte na Naranxa. Como estaba moi alto votei unhas varadas dende os muros do restaurante. A eso das doce din por rematada a xornada pesqueira e acerqueime ata a casa do que sería o noso anfitrión nesta xornada de pesca o sr. Valsego, quen non dudou en deixar as instalacións de que dispoñe, para poder celebrar esta xornada.



Despois de comer uns liscos e uns chourizos, a xente voltou o rio, 


As tres da tarde o presidente puxose o mandil de cociñeiro e comenzou a preparar o suculento xantar.


A xornada alongouse ata as oito da tarde. Un moi bon día de pesca, pero sen pesca, en donde os contos, historias e risas, moitas risas, foron o que prevaleceron entre todos os asistentes.


As cervexas artesans estaban de morte. Facia falla que nos perderan a man.


Sen dubida se temos oportunidade, repetiremos