martes, 20 de marzo de 2012

COMENZAMOS A TEMPADA 2012

Chegou o gran día, e nunca mellor dito, chuvia, vento, neve, sol, moi pouca auga, e moi fría.




As perspectivas non son moi boas, e menos aínda despois de recibir unha chamada onde me comentaban de como vai a xornada de pesca polo Ouro.
Pero ben, como o primeiro día sempre é sagrado, e deixando de lado as limitacións físicas, que para non perder a constumbre veño padecendo todos os anos, isto xa parece cousa de meigas, poño rumbo cara ao couto sen morte do Valadouro, a iso das tres da tarde.





 Pouca auga, vadéase por todos os lados, así que me dirixo a unha zona de correntes que hai debaixo da ponte da Naranxa.
Hei de dicir que aguantei pouco tempo alí, pois poucas veces sento vergoña allea, pero o barullo que alí había por unha liorta duns veciños por temas de montes, fixo que me fose para a parte de arriba da ponte. (Pensei que chegaban as armas).




Vou ter que cambiar de maquina por que facerse fotos a un mesmo coa que teño, pois parece que non.



Comecei pescando a ninfa cuns perdigóns, pero enganchábanse bastante, debido ao baixo caudal, así que houbo que volver ás montaxes de toda a vida, que co tempo nunca me defraudan.



Estrea da nova adquisición deste ano. Compensa bastante ben a 11 pés, pero hai que facerse  pouco a pouco.


Chamoume a atención como tiraban as troitas para o tempo en que estamos.



A iso das seis da tarde finalicei esta primeira xornada. Haber como se van desenvolvendo as seguintes, pero como non chova un pouco.


viernes, 2 de marzo de 2012

ENTROIDO 2012 NA MARIÑA

Foz, cita obrigada do carnaval na Mariña, é onde se dá o pistoletazo de saída a esta singular celebración, que por uns días nos transforma e fai que se nos esquezan os problemas que estes anos estamos a pasar.




 Encabezou o desfile a charanga O Culo Moyau de Xixón


A raíña e as súas damas sorprenderon este ano pola súa simpatía e bo facer. Un puntazo, que durante o traxecto do desfile, baixasen da carroza e compartisen algúns momentos co público e os demais participantes.


As persoas permanecen vivas mentres as recordemos.


Ás Sin Xeito dando sempre vistosidade e colorido.


Disfraces do máis diverso. Uns máis simples, outros máis complexos.

                         

Este ano espectacular a cantidade de público. As rúas estaban abarrotadas durante todo o percorrido.





Como non, o clero non podía faltar.


Ollo coas novas promesas que veñen pisando firme.



Ás Farangullas foron as brillantes gañadoras este ano. Traxes e bailes Andaluces. Se hai que cualificalas dalgún xeito, ritmo, compenetración e forza.







 Noutros pobos tambien vívese o carnaval, como en San Cibrao.






E tamén en Mondoñedo.






Memorable a actuación dos internos do hospital para deficientes mentais de Mondoñedo.


Dieguito deixate de disfraces e ponte a andar, que me tes moi avandoadas ás nosas amigas as troitas. Aínda menos mal que gañastes algo, por que mira que vir dende Lugo.




As rúas en Mondoñedo son moi estreitas, o que dificulta ás veces o paso do desfile, pero pola contra ten algo que lle dá un toque bohemio.
O paso dos concursantes por diante do xurado na praza da Catedral, tamén é moi vistoso.



A pequeñaja xa vai demostrando maneiras.



VIDEO MONDOÑEDO
VIDEO MONDOÑEDO