domingo, 5 de junio de 2011

PESCA RIO OURO


Nesta ocasion toca pescar no Ouro.



Non é que sexa un rio que esta dentro dos meus preferidos ,pero como me queda á porta de casa esta ben para pescar un par de horas


Ten de todo, pozos, correntes, tablillas, e de cando en vez solta algunha que outra troita.


Non é por nada pero un pouco sazoeiro si o é.


Ao Cesar o que é do Cesar. Hai que dar as grazas a Edu de Escarcha pola ninfa que me deu no Master de Waldemar, se non fose por ela non pasaria o mellor dia de pesca neste rio en todos os anos que o pesco.

miércoles, 1 de junio de 2011

WALDEMAR 2011



Pasa un novo ano, soa o corno e xa estamos aqui de novo.
Como sempre toca madrudon. Saímos ás seis para non ir toleando polo camiño.
Xa estamos todos e despues da benvida que nos deron desde a balconada do hotel, pasamos a degustar un suculento almorzo.
Repartición de camisas conmemorativas e sorteo de tramos.
Toca pescar a segunda quenda e controlar na primeira ao amigo Papito. Nin que dicir ten que as risas estiveron garantidas.
Como novidade deste edicion habia que pescar unha manga soamente con moscas de cu de pato.
O tramo que me tocou era para seca e veume ben o do cu de pato, pero a parte final era para ninfa, e eu coa caña no coche.En fin de todo apréndese.





Finalizada a primeira manga a iso das dúas da tarde,e pensando que por unha vez ibamos a chegar a tempo á hora da comida..., pois vai ser que non. Unhas veces por que non atopamos o camiño do refuxio de pescadores e esta vez por que nos atrancaron o camiño e houbo que esperar a que nos apartasen un coche




A comida como sempre xenial, no medio dunha carballeira. Este ano tocou paellita.




Manga da tarde, toca pescar a primeira hora no coto de Antas no tramo 4 e vaia por deus tiñame que tocar a super poza, nin podes vadear nin pescas desde a beira, resignacion.
Pero non todo vai ser malo, na seguinte manga controlamos a David Arcay e sempre se aprende algo.




Finalizado o campionato, e despues de xuntarnos novamente no hotel, dirixímonos a Ligonde para a cea.

Entre plato y plato, clasificicacion y entrega de obsequios.






Como non se pode estar en dous sitios á vez, ou pescas ou fas fotos, esta vez toca recompilar dos colegas para poder facer este pequeniño comentario.