viernes, 31 de diciembre de 2010

CRUCEIROS

Neste ultimo dia do ano, tocou dar unha volta pola zona de Lagoa, para ver se frezaba algunha troita no Ouro.
Entre as cousas que te podes atopar polo camiño destacan a gran cantidade de cruceiros que hai.




A presenza destes elementos é normalmente de orixe devocional, aínda que non faltan os motivos rogativos, de encomio ou de ofrenda como causas da súa construción. Esta estaba financiada por algunha persoa que pretendía gañarse o seu indulto ou o da súa parroquia ante os ollos de Deus; ofrecendo a construción como voto para pedir a curación de enfermidades ou protección ante unha situación perigosa. Coa mesma finalidade de protección levántanse cruceiros en campos dedicados ao mercado ou nun lugares onde ocorreu algún acto violento para evitar que a alma errante das vítimas poida danar aos viandantes.








miércoles, 29 de diciembre de 2010

CHEGOU A NEVE

Unha vez máis e como adoita ocorrer cada vez que neva por esta zona da provincia, hai que pór rumbo aos montes do Cadramón.


Moitas veces non sabes o que te vas a atopar por estes mundos de Deus





O vento era tan forte, que ata os muíños eolicos estaban parados. A sensación de frio bestial. Unha foto rápida e escapar.


Parece mentira o aguante que teñen estes animais.


Xa de retirada e logo de cruzarme con varios coches, chegan os reforzos.

                 


viernes, 3 de diciembre de 2010

miércoles, 1 de diciembre de 2010

FOTOS RIOS

Para todos os amantes da fotografía e da pesca, recoméndolles visitar un grupo que hai creado en flickr que se chama RIOS DE GALICIA.
Como Alvaro Cunqueiro bautizara a Galicia como o país dos mil rios, pois RIOS DE GALICIA, mil fotos de ríos.

martes, 30 de noviembre de 2010

RIO OURO

Un ano mais acábame de chegar a carta de medio ambiente, onde che indican o día e hora para poder escoller os cotos de pesca para a tempada que vén.
Mirando o cuadrante onde se reflexan os cotos dos rios desta provincia, observo unha gran novidade para este ano proximo que me congratula. "O lote 1 do coto de Foz pasa a ser sen morte".
Non é que sexa o tipo de rio que me gusta pescar, pois moitas veces é bastante desagradable estar alí, pero ter cravada unha das súas troitas ou reos, é unha gran experiencia.
Para mostra rebuscando por youtube atopei estes vídeos realizados no citado lote.










lunes, 29 de noviembre de 2010

NEVE

Chegou a neve. Aínda que nesta zona de Lugo é moi raro que neve pois estamos a nivel do mar, de vez en cando se dás a volta e miras cara aos montes do Cadramón, a paisaxe pode cambiar.



Pedazo de xeada a desta mañá. Facía ben anos que non veia tal cantidade de xeo. Desde que vivo aquí paréceme que é a primeira vez. Os recordos de cando vivín en Lugo volveron hoxe á miña memoria


miércoles, 10 de noviembre de 2010

TIC TAC TIC TAC

Moitas veces non fai falta ir moi lonxe para atoparte con cousas curiosas.



A escasos 500 metros de onde vivo, atópase esta pequena capela á que chaman de Lousada, na que se atopa este curioso reloxo de sol.
Aconsellable achegarse polas boas vistas que hai desde o alto onde se atopa esta capela

viernes, 29 de octubre de 2010

A FROUXEIRA

Nun extremo do val por onde discorre o río Ouro, atópase este monte ao que chaman "A Frouxeira".
Utilizando un pouco a imaxinación, ¿como podería ser a paisaxe, se os Reis Católicos non mandasen destruír o castelo do Mariscal Pardo de Cela que desde alí arriva oteaba todo o val?


lunes, 23 de agosto de 2010

CEA DESPEDIDA VERAN 2010

Un ano mais aquí estamos, e como vai sendo habitual celebramos o noso Lughnasadh particular, cunha cea por parte desta panda de enchedoiros.
Novamente reunímonos no restaurante A Cancela de Fazouro, agora con nova xerencia.
Como sempre ambiente agradable para despedir un novo verán e esperando estar reunidos un ano mais.
Dos chuletones, mellor non comentar nada.






jueves, 5 de agosto de 2010

XUNTANZA FIN TEMPADA OMBREIRO

Para pór punto e final a esta tempada 2010, para min un tanto especial, os compañeiros de Ombreiro decidiron organizar unha xuntanza de pesca e convivencia.


A prensa deu fe de todo o acontecido.
A familia que pesca unida, permanece unida.

Este ano viñeron Brandón e Farruquito.


Como sempre Edelmiro deleitounos co seu violin. Notanse os anos de conservatorio.

Dafonte non podía...faltar
E como en calquera xuntanza que organizan Os Troiteiros, non nos podía fallar ao que sempre lle toca asar. O DOUTOR.
Comemos, bebemos, falamos, volvemos beber e sobre todo nos reimos.
Xesús como me podía esquecer do gran animador do cotarro, o Miguelino e as famosas afogadas de liño.


viernes, 16 de julio de 2010

FESTAS DO CARMEN DE FOZ

O 16 de xullo celébrase o dia da Virxe do Carmen patroa dos mariñeiros.
Como non podia ser doutro xeito Foz como pobo costeiro que é, bótase á rúa para homenaxeala.




sábado, 29 de mayo de 2010

O BATUXO

Esta barca é típica do río Miño. na zona da Terra Chá. Para movela utilizábase unha vara, que se chamaba rema. Os lugareños usabannas para poñer as redes, pasar dunha veira do rio a outra, etc.
Estas concretamente atopanse no coto de Ombreiro.










sábado, 1 de mayo de 2010

CAMPEONATO MASMA 2010

O que a segue conséguea. Logo de intentalo durante moitos anos, por fin chegou o gran día.
Agora si o Nutrias pode dicir que o seu gran soño cumpriuse, primeiro clasificado e troita máis grande.

Aquí témolo pousando para a prosteridade co autor do trofeo, o escultor Juan Puchades.

Unha crítica si se me permite, pois creo que sempre hai que dar un paso adiante nunca cara atrás.
Unha pena que este concurso social, que me atrevería a dicir que foi o decano en Lugo en utilizar a modalidade de pesca sen morte durante tantas edicións, e que servía de referente e exemplo de como se deben facer as cousas ante os demais clubs e asociacións, nesta última volveuse á forma tradicional e matáronse as troitas.

jueves, 22 de abril de 2010

II OPEN XALLAS

Con motivo da celebracion do II Open de pesca por parellas do rio Xallas, organizado polo Club Salmo da Coruña, e vendo o gran cartel de participantes, decido sacrificar unha das poucas xornadas de pesca das que dispoño esta tempada e achegarme ata terras Coruñesas.
Este Open dispútase en dúas xornadas, venres e sabado, asi que o sabado cedo emprendo viaxe ata unha zona de Galicia pola que nunca habia pasado. Cando chego vexo varios coches por unhas pistas de terra que ivan a dar á presa do encoro. Aparquei como boamente puiden e achégueime ata a beira do rio, que coincidiu que era o tramo que nese momento estaban pescandon Juanma García e o seu fillo.





Como quería ver o mallor número de participantes posibles, vou percorrendo os diferentes tramos rio arriba cara á presa vendo as evolucións dos diferentes participantes.




Na segunda manga da mañá, báixome ata a ponte que divide o coto e acompaño a Oscar, Julio e Montalvan que facían os labores de control nese momento.




Despues para comer cos participantes, diríxome ao mesmo sitio da mañá, con tan boa sorte que pescaban ese tramo os que ao cabo serían os vencedores do Open, David Arcay e Jordi Oliveras´.





Impresións:
-Xa sei que son uns maquinas, pero me impresionou a cantidade de troitas pescadas (1250) e moitas duns tamaños considerables.
-Canto tempo facía que non vía as eclosiones que alí se producian, de todas as clases e tamaños. Como sería a cousa que se tería que pescar a seca case sempre.
-Impresionante o número de cebadas dalgunhas zonas.

COLECCION DE FOTOS DE MANUEL SUAREZ