martes, 6 de septiembre de 2011

III MASTER DE CAMPEONES MIGUEL PESCA

Viaxe relampago para ver as evolucións dos champions neste
Master organizado por Miguel Pesca. Agora dá gusto coa autovia, unha hora desde Fazouro


Como xa é habitual o escenario de celebración deste Master é o río Xuvia. A concentracion no restaurante A Granxa en San Sadurniño.


Cando chegamos o almorzo xa rematara, e logo dos saúdos de rigor a xente puxo rumbo ás súas zonas de pesca.
Nós polo contrario degustamos unhas racións de empanada de bacallau que nos sentaron cojonudamente despois do madrugón.





Para quedarse a pescar o sereno, saír á beira e atoparte con isto. Uf que medo.



Neste coto dá gusto, pedazo de paseos de cemento que ten polas dúas beiras.
 


O sistema de competición era a varias mangas de 45 minutos, polo que puidemos seguir as evolucións de varios participantes.

<><><><> <><><><> <><><><>
Vicente Longo e as súas imitacións realistas,un novo asiduo ás competicións galegas.


No que se refire a resultados, Edelmiro saíuse, Papito xogaba en casa, e por ahi apareceu Oscar.
Troita mais grande Rubén acelereitor.


O río con moi pouca auga, pero troitas tiña polo menos nos tramos que vimos, o que pasa que xa estaban moi tocadas, e moi acostrumbradas á xente polo tema dos paseos polas beiras. Segundo pasaban vadeando ao minuto volvían cebar por onde pasaran.








Miúdo espectaculo o sr. Cabalo, que o viño non e auga, e así non se pode concursar. Algún tiña que facer un master de suelta la rama e meter o fío no anzol.




E o vello dálle que dálle con que as troitas estaban afeitas a comer mondas de patacas que saían pola cañeria do desague.
Se os cagallones se los envolvieran no papel do water e os comera él...




No hay comentarios:

Publicar un comentario