martes, 20 de marzo de 2012

COMENZAMOS A TEMPADA 2012

Chegou o gran día, e nunca mellor dito, chuvia, vento, neve, sol, moi pouca auga, e moi fría.




As perspectivas non son moi boas, e menos aínda despois de recibir unha chamada onde me comentaban de como vai a xornada de pesca polo Ouro.
Pero ben, como o primeiro día sempre é sagrado, e deixando de lado as limitacións físicas, que para non perder a constumbre veño padecendo todos os anos, isto xa parece cousa de meigas, poño rumbo cara ao couto sen morte do Valadouro, a iso das tres da tarde.





 Pouca auga, vadéase por todos os lados, así que me dirixo a unha zona de correntes que hai debaixo da ponte da Naranxa.
Hei de dicir que aguantei pouco tempo alí, pois poucas veces sento vergoña allea, pero o barullo que alí había por unha liorta duns veciños por temas de montes, fixo que me fose para a parte de arriba da ponte. (Pensei que chegaban as armas).




Vou ter que cambiar de maquina por que facerse fotos a un mesmo coa que teño, pois parece que non.



Comecei pescando a ninfa cuns perdigóns, pero enganchábanse bastante, debido ao baixo caudal, así que houbo que volver ás montaxes de toda a vida, que co tempo nunca me defraudan.



Estrea da nova adquisición deste ano. Compensa bastante ben a 11 pés, pero hai que facerse  pouco a pouco.


Chamoume a atención como tiraban as troitas para o tempo en que estamos.



A iso das seis da tarde finalicei esta primeira xornada. Haber como se van desenvolvendo as seguintes, pero como non chova un pouco.


No hay comentarios:

Publicar un comentario