jueves, 23 de agosto de 2012

OPEN PESCA REO ASTURIAS 2012


Poñemos rumbo a Cornellana, para comprobar in situ como se desenvolve este campionato na súa última xornada e compartir uns momentos cos coleguillas.


Xa dende que entramos no pobo de Cornellana, puidemos comprobar o ambiente que se vive, tanto pola rúa como dentro dos bares, pois todos están cheos de moscas para vender e fotos que fan referencia á pesca, sobre todo do salmón.


Moito ambiente. A xente colócase sobre todo nas pontes, intentando buscar entre as pedras os prezados reos.


Pero de cando en vez, salta a sorpresa e aparece algún salmón.




Despois de degustar un suculento almorzo, dirixímonos á LLonga para ver como lles iva a Muras e a Mera.

 



Muras


Mera




Tiñamos interese en ver como lles iva a Rafa e Papito, asi que nos diriximos a Consas, onde o rio é mais estreito. Pero debido á dificultade de andar polas beiras, non os demos localizado.



Uy que medo,y como se menea. Pois con tanta Panorama xa tiñas que estar afeito ao meneito.


Alí están, no fondo junto a les piedres, pero o problema e collelus .



Xa pola tarde, tocalles a quenda a Xulio e Brandón. Dirixímonos á súa zona de pesca, pero por alí andaba a fregoneta e os chachos estámbase a bañar, así que a cousa non  pintaba moi ben.



Uy uy uy, case se descobren os segredos.




JULITO


Flipas como teñen os arbóres que hai colocados ao lado dos pozos, para poder controlar os salmóns, todos cheos de puntas e ferros.



Brandón tomandoselo con humor

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario