sábado, 3 de noviembre de 2007

RUTA MONTES DA MARIÑA

O club Os Correcamiños 4x4 de Foz, organiza todos os anos por esta data unha macro ruta de todo terreos, quads e motos. O lugar de paso adoita coincidir a escasos metros da miña casa, polo que sempre que podo achégome a velos pasar.









sábado, 20 de octubre de 2007

QUAD

Hoxe toca ruta. Como se vai a celebrar deica pouco a Ruta Montes dá Mariña, pois hoxe achegueime ata os montes da zona de Cangas de Foz, seguindo as indicacións que hai por onde se desenrolará a proba e contemplar as impoñentes vistas.








lunes, 1 de octubre de 2007

A ELLA, LA MAS BELLA

Preto de catrocentos ollos redondos elevaron as súas miradas ata máis aló da superficie. E que viron entón? Viron, naturalmente, a cana e o fío, pero no extremo deste, o insecto máis orixinal e atractivo que contemplaran nunca; o seu esvelto trazo era como de ouro e tiña unha pelusa verde e vermella e azul? Leve plumilla ou pelos de cores?... Non se vía ben porque non estaba quedo. Fose o que fose, aparecía magnífico; tan arrobador que as troitas, as grandes, as pequenas, as gordas e as fracas, as asalmonadas e as polgadas, abriron a boca e deixaron saír unha burbulliña de aire, o que fan sempre que queren exclamar: ¡¡Oh!!.                               ("El bosque animado", de Wenceslao Fernández Flórez)

sábado, 21 de julio de 2007

OMBREIRO

Tiñamos intencion de achegarnos ata Monterroso para ver as evolucións do selectivo nacional de mosca, pero cando chegamos a Lugo coméntannos que se suspendeu por problemas...
Para aproveitar o día, fixemos unhas compras xunto ao amigo Juan de Columbia e decatámonos de que Josechu Martinez estaba pescando en Ombreiro con Fernándo Comba. Ata alí dirixímonos.


¿Por que sempre que un esta algo cargadillo, intenta porse en posición da grulla, para que os demas vexamos que se atopa ben?


domingo, 1 de julio de 2007

SANTIAGUIÑO DO MONTE

Pois ata a terra dos pementos dirixímonos, para participar neste campionato de pesca organizado polo amigo Luispi.







 Miña nai como baixaba o rio cheo de merda nalgúns sitios, increible.

domingo, 13 de mayo de 2007

RIO MASMA

Pois hoxe achegáronse polo Masma Julio e Fernando, para pescar o coto de Mondoñedo. Así que fomos a facerlles unha visita.



Ben, pois aqui esta a famosa lucindo palmito.





martes, 1 de mayo de 2007

LOTE 3 RIO OURO

Día da apertura nos lotes salmoneros.
Como ninguén o quere puidemos coller o lote 3. Non se deu moi ben, pois Candido e o seu pai empezaron a pescar dende o amencer e as capturas foron escasas e dun tamaño pequeno.
Eu achégueime a media mañá e clavei algunhas troitiñas ao comezo do lote coas ninfas






Quen dixo que o vello non tiña xeitos. Xa só con ver o pedazo de cesto.



viernes, 30 de marzo de 2007

OMBREIRO

Xornada de montaxe e de cambio de impresións, celebrado no mesón do Suso en Ombreiro.
Cuando el grajo vuela bajo en Lugo hace un frío del carajo.



Como adoitan dicir por ahi, non es de onde naces senón de onde paces. É increible como se che aconstumbra o corpo cando vives noutro tipo de clima. Xa non me acordaba do frío que fai en Lugo no inverno, que se che mete polos ósos.




domingo, 18 de marzo de 2007

COMENZO TEMPADA 2007

Primeiro día da tempada e mira ti o que nos tiña preparado Julito.
Tiñamos coto no SM de San Sadurniño, e ademais o equipo de Hai que Mollarse estarían con nos  durante toda a xornada.






Como colofon a este gran día, a produtora tiñanos preparada unha suculenta comida