domingo, 22 de junio de 2008

RIO OURO LOTE 1

Tiña pensado gozar dunha xornada de pesca no coto de Ombreiro, así que emprendo a marcha e ao chegar á altura do restaurante O Descanso, crúzome cun coche que recoñezo.
Inmediatamente dou a volta e diríxome ao lote 1 do Ouro, e alí atópome con Fernando e Jose Laxosa.
Estívenlles acompañando toda a mañá e despois comemos xuntos.
Como se ivan a quedar ao sereno, quedeime pouco tempo.