viernes, 29 de abril de 2011

COMIDA SEMANA SANTA 2011


A mellor forma de manter acendida a chama da amizade é reunirse. Por iso esta vez facémolo no meson de San Pedro de Mor, onde degustaremos un pequeniño tentempie.




Fiel ao seu instinto, o felino acechaba á súa presa; unha corza asustada pola tormenta, que refuxiase nos dominios do lince vililla.


Normalmente os machos son mais grandes que as femias.
A tecnica de caza consiste en ir acechando á presa ata acabar cunha rapida e curta maniobra, e darlle o abrazo da morte.





Alzo a miña copa, brindo por vos e por todas aquelas que queremos conquistar.




Non é como se empeza, se non como remata


miércoles, 20 de abril de 2011

CAMPEONATO OMBREIRO 2011


Pois unha vez mais chega o gran dia do campionato de pesca do Club Os Troiteiros de Ombreiro.
O rio baixaba ideal para a ninfa, pero esta vez non houbo sorte. O tramo onde me adoito meter é unha zona de correntes e esta vez as troitas estaban en augas mais paradas.
Infinidade de eclosiones, efemeras, tricos grandes, plecopteros diminutos, xuntábanse emerxentes con imagos, pero nin unha cebada parecia un rio morto.
Seria polo tempo que temos que non é normal para estas alturas de tempada.

Aínda asi se colleron unha gran cantidade de troitas, sobre todo os que foron cara á zona final do coto.
 




Gañaron os que pescaron a culleriña.
A comida como sempre no Meson do Suso. Nesta ocasion tocaron necoras.









jueves, 7 de abril de 2011

RIO OURO


Ben, pois chegamos ao terceiro día de pesca desta recien estreada tempada.
Dos dous primeiros días mellor non dicir nada, ou tal vez comentar a comodidade dos vadeadores que traen cremallera para facer entre outras cousas as necesidades, pero ¿que pasa cando a anteriormente citada rompe no medio do rio?.
Pois que te cagas na nai que pario ao que se lle ocorreu pór cremallera a un vadeador.
Bo pois solucionado o problema, (é dicir comprar uns novos, que parece moi facil pero se necesitas unha super talla, xa me dirás donde atópala se non é por encarga) chegamos ao terceiro día de pesca, esta vez toca o coto con morte do Ouro.


Toca estrear á nova adquisición, a cal teño que dicir que me impresionou, pois pesquei moito tempo a ninfa e comportouse. Pequena pero matona.


O día estupendo, a partir das 14:00h eclosión de rhodanis e a tolemia.
Non poremos fotos para non ferir susceptibilidades.




As culpables do desaguisado.