viernes, 19 de junio de 2009

WALDEMAR 2009

Chegou o gran día. Como cada ano sempre hai unha cita obrigada dentro do noso calendario piscatorio, o Conde de Waldemar. Organizado polos amigos Julio e Oscar.
Este ano foi un pouco especial, pois hai que ir de miranda, levo tres meses con ciatica e este ano non toca, así que unha cadeira e para a beira.
Como non participamos, chegamos á hora da comida, que como sempre se realiza no refuxio de pescadores que se atopa no medio do coto de Antas de Ulla. Miña madriña para dar atopado o sitio flipas.
A comida como sempre a base de lacon asado, empanadas variadas, queixo, e ese pan desta zona que sabe que consola.






Pola tarde para non movernos moito, quedámonos nos tramos que están á beira do refuxio.
A primeira manga pescou Rafa da ponte do mosteiro augas arriba.
Pescando a ninfa conseguiu algunhas capturas.



Na segunda manga acompañamos ao amigo Eduardo de Ponferrada






Finalizado o campionato dirixímonos a Ligonde, onde gozamos dunha suculenta cea, como xa nos ten afeitos o amigo Oscar.
Despois como sempre entrega de premios, agasallos, intervencións, monologos, presentacións, canticos e sobre todo moitas risas.