domingo, 22 de julio de 2012

MASTER CONDE DE WALDEMAR



Un ano mais e xa estamos aquí de novo.
Waldemar, parada obrigada no panorama piscicola galego.

Nesta ocasión a concentración tubo lugar no propio Waldemar.

Charlita antes de empezar, e foto de rigor.
Anaco de chupa coa que nos agasallaron.

 

Este ano é o dos cambios e como non podía ser doutra forma, a comida foise para o area recreativa de Monterroso.


Comida, bebida, risas, e sobre todo moito, moito, moito cachondeo,  isto é Waldemar, onde a pesca pasa a un segundo lugar.





Este ano monteimo moito mellor e reserváronme un cuarto nunha casa rural que estaba a un kilometro do restaurante,"Rectoral de Lestedo", á cal lle fixen unha visita relampago e así me puiden tomar algunha liberdade (pobre liberdade, así non chegas a vella).


viernes, 13 de julio de 2012

DÉIXOO POR IMPOSIBLE


Couto sen morte do Ouro. Ultimo intento antes do Máster de Ombreiro, para que a sua ilustrisima aprendese a pescar a seca.


Hai os que non perden nada ao intentalo, hai os que perden todo se non o intentan


As oportunidades mídense polos intentos e a vida só te dá un. E neste caso xa van tres.


Din que á terceira vai a vencida, así que pensei que esta vez se ia a conseguir. Pero tamén din que non hai dous sen tres, e ese é o problema, por que non estou disposto a que sexan catro.
Despois disto, desisto, déixoo, abandono no meu empeño de intentar inculcar outra forma de practicar unha arte, deporte, ou que cada un o chame como máis se identifique.
Por dicilo dunha forma suave, cando non se pode, pois non se pode e non hai que darlle máis voltas. Asi que como o meu tempo de asueto está moi restrinxido ultimamente, hai que dedicalo egoistamente para un mesmo e non perdelo, como xa se sabia dende o principio, nunha misión imposible.
Pero ben, déixoo coa conciencia moi tranquila, e sabendo que co paso dos anos, ninguén me poderá dicir que non o intentei.

domingo, 1 de julio de 2012

XI CIDADE DE NARON DE PESCA A MOSCA 2012

Primeira incursión en terras ferrolanas. O Club de pescadores do Xubia organiza este campionato no que se dan cita unha gran cantidade de pesqueiros de recoñecido prestixio.


O rio baixaba con pouca auga pero como non podía ser doutra forma, o tempo ponse parvo e cae un ballón.


Entre control e control, hai que facer un pouco de expionaxe.













Primeiro lance do dia e mira ti, a máis grande.