martes, 12 de julio de 2011

PONTE DE FERRO

Remodelacion da antiga ponte de ferro de Fazouro por onde antigamente pasaba a estrada 642.




Pois comparando unha foto con outra, se se mira de lonxe non hai moita diferenza.




 O que menos me gusta é o pedazo de mausoleo que deixaron para o recordo, pois podia ser un pouco mais pequeno, por que ocupar ocupa un huebo, servizo non fai ningún, e como un dia cáialle un anaco a alguén que pase por baixo vaise a armar.





viernes, 8 de julio de 2011

BICHO

Xa chegou o verán, xa chegou a froita e o que non pesque cun bicho, é...
Pois non sei o que é pero un pouco rarillo si
.


miércoles, 6 de julio de 2011

ATARDECER NO OURO


Só e triste atopábame, fronte ás augas do tranquilo rio, onde recordaba que era mio o seu aloucado corazon.

Mirando as augas claras trataba de buscar calquera motivo para non xulgar o seu esquecemento ao meu inmenso amor.

De súpeto sentin que a miña alma buscaba urxente o seu rostro naquelas fermosas augas e só chegou o vento a recordarme o momento en que deixou de amarme.

O meu corpo desesperado,reclamaba o seu esquecemento deixando caer ao rio as miñas lagrimas.

Faltábanme as súas caricias, os seus bicos, pero aquel fermoso rio vorraba os meus recordos mais apaixonados.

Logo despertei chorando, abrazado ao meu vacio, pois te habia perdido, como a auga daquel rio.

Non sei de me recordas,non sei se me esperas, pero en cada atardecer vou ao rio polo teu encontro, e só atopo as miñas penas deixadas.

!Oh rio que me acompana en cada dor mio, corre, baixa, segue o teu camiño, chega a ela e dille que aqui espéroa en cada atardecer, que o meu amor segue sendo de ela!

{A troita perdida|}







viernes, 1 de julio de 2011

PORTO DE FOZ

Chega o verán e acábase a paz e a tranquilidade.
Demos a benvida a todos aqueles que nos visitan e tomemolo con calma.