lunes, 29 de octubre de 2012

SAN PAILAN 2012



 
 
Xa estamos aquí de novo. Un ano máis regreso á miña casa, porque aínda que só sexa por unhas horas me fai recargar de recordos, emocións e sentimentos para unha tempada.


Onte foi o día grande e hoxe para ser sabado, había bastante ambientillo.

 
A Chuchi toda contenta estreando botas novas. Hai que curtila un pouco coa xeada, que tanta salitrada non é moi boa.

 
Como é tradición non podiamos faltar á cita co polbo nas casetas.
Menos mal que exercemos de tráfico de influencias, por que as colas que había para entrar impresionaban.
 


 




 
Non me gusta moito copiar fotos de ninguén, pero por esta vez faremos unha excepción. Ademais non creo que a Juan lle pareza mal.

 
 Un ano máis o grupo de pescadores a mosca xúntanse coa escusa de comer o polbo para reunirse por unhas horas.

Tamén será a unica vez que as respectivas MDR (maquinas de reñir) nos poden acompañar nalgún sarao.

 
 Este ano parece que hai mais ambiente.
Para o ano que vén queren pasar de cen comensais, estaremos alí para velo.


 
A pena, que non puidemos quedar un pouco mais de tempo, pero somos de lonxe, que si non iva ser gorda.
 
 
Un vale en relación coa xente que o rodea e o maior tesouro que acumula a través da vida...
 ¡son os amigos!
 
Voltaremos