Chegou o gran día, e nunca mellor dito, chuvia, vento, neve, sol, moi pouca auga, e moi fría.
As perspectivas non son moi boas, e menos aínda despois de recibir unha chamada onde me comentaban de como vai a xornada de pesca polo Ouro.
Pero ben, como o primeiro día sempre é sagrado, e deixando de lado as limitacións físicas, que para non perder a constumbre veño padecendo todos os anos, isto xa parece cousa de meigas, poño rumbo cara ao couto sen morte do Valadouro, a iso das tres da tarde.
Hei de dicir que aguantei pouco tempo alí, pois poucas veces sento vergoña allea, pero o barullo que alí había por unha liorta duns veciños por temas de montes, fixo que me fose para a parte de arriba da ponte. (Pensei que chegaban as armas).
Vou ter que cambiar de maquina por que facerse fotos a un mesmo coa que teño, pois parece que non.
Comecei pescando a ninfa cuns perdigóns, pero enganchábanse bastante, debido ao baixo caudal, así que houbo que volver ás montaxes de toda a vida, que co tempo nunca me defraudan.
Estrea da nova adquisición deste ano. Compensa bastante ben a 11 pés, pero hai que facerse pouco a pouco.
Chamoume a atención como tiraban as troitas para o tempo en que estamos.
A iso das seis da tarde finalicei esta primeira xornada. Haber como se van desenvolvendo as seguintes, pero como non chova un pouco.