jueves, 7 de abril de 2011

RIO OURO


Ben, pois chegamos ao terceiro día de pesca desta recien estreada tempada.
Dos dous primeiros días mellor non dicir nada, ou tal vez comentar a comodidade dos vadeadores que traen cremallera para facer entre outras cousas as necesidades, pero ¿que pasa cando a anteriormente citada rompe no medio do rio?.
Pois que te cagas na nai que pario ao que se lle ocorreu pór cremallera a un vadeador.
Bo pois solucionado o problema, (é dicir comprar uns novos, que parece moi facil pero se necesitas unha super talla, xa me dirás donde atópala se non é por encarga) chegamos ao terceiro día de pesca, esta vez toca o coto con morte do Ouro.


Toca estrear á nova adquisición, a cal teño que dicir que me impresionou, pois pesquei moito tempo a ninfa e comportouse. Pequena pero matona.


O día estupendo, a partir das 14:00h eclosión de rhodanis e a tolemia.
Non poremos fotos para non ferir susceptibilidades.




As culpables do desaguisado.



No hay comentarios:

Publicar un comentario