Como xa estamos case ao final da tempada, achégome ata Ombreiro para darlle a despedida ao meu querido e añorado Miño.
A distancia é longa e non me podo achegar as veces que quixera, e moito menos para pescar só catro ou cinco horas, que é o tempo de que dispoño, pero bo todo sexa por volver recordar vellos tempos.
A zoa escollida esta vez foi a illa Seivane,que é onde se atopa a ponte colgante.
O que ten vivir na costa de Lugo, é que case sempre hai unhas temperaturas moderadas, e xa non me acordaba eu do que é pasar calor. Mama mia que calor facia.
Non me quero imaxinar o que pasaría se puidera quedarme o sereno.
O Miño baixa moi achicado de auga. As algas estan por todos os lados, pero sempre se atopan bos sitios.
Comence pescando a ninfa nas poucas correntes que quedan, e o comico do asunto é que as troitas sempre me entraban á mesma, un perdigon do 18 e os peixes a unha faisan tail montada nun 20. E non se equivocaban...
A iso das tres da tarde aproximadamente funme á zoa das avestruces e pescando nos parados as poucas pozas que quedaban, pouco a pouco ivan aparecendo as autenticas troitas do Miño.
Despues de sufrir varios rexeites ao bicho verde, e pasar amplamente das formigas, dispóñome a probar xa un pouco desesperado e como última alternativa, ao que desde ese momento sempre ocupará un lugar privilexiado na miña caixa de escaravellos, o "SAAVEDRIÑO".
Miúdo espectaculo, as troitas parecían torpedos dirixindose cara ao bicho, e unha vez que o tomaban parecia que se querian tirar á beira, pa paralas habia que facer milagres.

Se Deus quere voltarei.
No hay comentarios:
Publicar un comentario