miércoles, 28 de septiembre de 2011

MINI ZOO EN FOZ

Pois se acabo o que se daba.
Despois dos dimes e diretes dos políticos locais, o único que se saca en conclusión é que a aula da natureza, (chamada por así uns) ou a paxareira (chamada así polos outros) non é que pechase as súas portas, senón que quedou un pouco descafeinada.
O outro día cando estaba a pasear polo porto de Foz, chegaron dous autobuses cos últimos excursionistas deste verán. Cando estes se dirixiron en tromba a ver as instalacións da ben ou mala chamada aula dá natureza, o sentir xeneralizado destes foi, (miudas instalacións para ter un galo e unhas quicas).
Non sei que pasará de agora en diante, pero por se non os volvemos ver por aquí, vallan estas instantaneas como recordo de todos eses momentos nos que nos fixeron gozar coa súa presenza, tanto a nenos como adultos.




Faisan Venerado


Pavo Real Albino



Lady Amherst


Faisan dorado

No hay comentarios:

Publicar un comentario