Pois isto de que colles o coche empezas a buscar un sitio onde botar un lance e que se aqui chove, aqui néboa, aqui riada, e cando te decatas apareces en Rabade.
Mira que xa leva tempo estre tramo sen morte, pero dende que abandonei o meu queridisimo Lugo, nunca voltara.
Aqui polo que se ve o dos anzois sen morte a xente non esta polo labor.
Pesquei a zona alta da illa de Cela
Coincidiume unha eclosión de mosca de maio e as troitas volvéronse loquiñas. E eu sen ningunha imitación, ten tea.
Entre chuvasco e chuvasco, cando clareaba algunha iva saíndo.
A última captura foi espectacular, pois pescando á auga cun barón vermello, a troita desprazouse mais de seis metros a pola mosca, coa aleta por fóra coma se fose unha quenlla.
Repetiremos