miércoles, 13 de junio de 2012

LIBRE SIN MUERTE RADADE


Pois isto de que colles o coche empezas a buscar un sitio onde botar un lance e que se aqui chove, aqui néboa, aqui riada, e cando te decatas apareces en Rabade.



Mira que xa leva tempo estre tramo sen morte, pero dende que abandonei o meu queridisimo Lugo, nunca voltara.

Aqui polo que se ve o dos anzois sen morte a xente non esta polo labor.


Pesquei a zona alta da illa de Cela


Coincidiume unha eclosión de mosca de maio e as troitas volvéronse loquiñas. E eu sen ningunha imitación, ten tea.


Entre chuvasco e chuvasco, cando clareaba algunha iva saíndo.



A última captura foi espectacular, pois pescando á auga cun barón vermello, a troita desprazouse mais de seis metros a pola mosca, coa aleta por fóra coma se fose unha quenlla.

Repetiremos

No hay comentarios:

Publicar un comentario