Couto sen morte do Ouro. Ultimo intento antes do Máster de Ombreiro, para que a sua ilustrisima aprendese a pescar a seca.
Hai os que non perden nada ao intentalo, hai os que perden todo se non o intentan
As oportunidades mídense polos intentos e a vida só te dá un. E neste caso xa van tres.
Din que á terceira vai a vencida, así que pensei que esta vez se ia a conseguir. Pero tamén din que non hai dous sen tres, e ese é o problema, por que non estou disposto a que sexan catro.
Despois disto, desisto, déixoo, abandono no meu empeño de intentar inculcar outra forma de practicar unha arte, deporte, ou que cada un o chame como máis se identifique.
Por dicilo dunha forma suave, cando non se pode, pois non se pode e non hai que darlle máis voltas. Asi que como o meu tempo de asueto está moi restrinxido ultimamente, hai que dedicalo egoistamente para un mesmo e non perdelo, como xa se sabia dende o principio, nunha misión imposible.
Pero ben, déixoo coa conciencia moi tranquila, e sabendo que co paso dos anos, ninguén me poderá dicir que non o intentei.

No hay comentarios:
Publicar un comentario