lunes, 24 de enero de 2011

7ª XORNADA DE MONTAXE DE MOSCAS WALDEMAR 2011


Unha vez máis e logo de non poder asistir en anteriores edicións, volvemos a terras da Ulloa, concretamente a Ligonde, onde os amigos Oscar e Xullo, organizan unhas novas xornadas de montaxe de moscas.
Poñemos rumbo cara ao restaurante Conde de Waldemar, saímos con vento e frío.
Frío é o que fixo alí durante todo o día, que se che metía polos ósos. Mala sorte para os fumadores.



O primeiro en montar foi Arturo Alonso. Ademais de montar algunha ninfa, presento unha nova revista dixital que publica.




Durante toda a xornada, os asistentes puideron adquirir multitude de material de montaxe, así como as ultimas novidades que a empresa Madrid Fly Fishing tiña expostas.



Juan tambien deléitounos coas súas famosas afogadas e o seu trenzador de dubbing caseiro.

Durante toda a mañá achegouse bastante xente, e para os que se decidiron quedar a xantar, o amigo Oscar preparou un suculento cocido e filloas.





Xa pola tarde, e despois dos corrillos, cubatas e partidas de cartas, tócoulle a quenda a Fernandito Comba, mestre das afogadas.




E como somos de lonxe e as maquinas de reñir vannos queimar os telefonos, só púiden quedar a ver como David montaba unha ninfa perdigón. Outra vez será.


Moi bonita pero...
Con que materiais esta confeccionado este perdigón?
Ahi está o dilema.
A solución quedará na memoria de todos aqueles que estabamos observando como se montaba.




Os organizadores do cotarro en plena acción


No hay comentarios:

Publicar un comentario